O luns 5 de maio vivimos un
serán cheo de emocións no acto de clausura do proxecto de innovación “Música
e poesía: movendo a lingua”, unha iniciativa conxunta do CMUS Xoán
Montes e a EOI de Lugo, que contou tamén coa colaboración especial do Conservatorio
Profesional de Danza.
A palabra poética, a música e a danza uníronse para celebrar a riqueza da nosa lingua e da nosa expresión artística. Estiveron con nós algunhas das poetas cuxos poemas foron musicados ou foron escollidos na nosa Botica da lingua para as pílulas curativas. Foron Marica Campo, Nieves Neira, Lucía Novas e Eva Teixeiro as que estiveron fisicamente, pero Pilar Pallarés estivo presente no seu emotivo poema que axudou a que non esqueceramos o sufrimento das xentes de Palestina. Grazas a todas!
E, por suposto,
grazas ao público, polo apoio cálido e receptivo.
Oxalá que a música, a danza e a poesía —recitada tamén noutras linguas— sigan sendo pontes que nos acheguen, cada vez máis, á nosa lingua e á súa beleza viva.
Aquí tedes o vídeo do acto de clausura:


Ningún comentario:
Publicar un comentario