Acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

Amosando publicacións coa etiqueta Música e poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música e poesía. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de xullo de 2025

"Música e poesía: movendo a lingua", proxecto EXCELENTE!

Onte a Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveu seleccionar o noso proxecto de innovación en dinamización da lingua galega como "excelente", a máxima honra para proxectos deste tipo.

Aquí podedes ver a resolución.


É unha ledicia que se recoñeza o enorme traballo que realizamos dende os Equipos de dinamización da lingua galega da EOI de Lugo e o CMUS Xoán Montes. Grazas a todas as persoas e institucións que o fixestes posible!
Aquí algúns dos momentos do proxecto: 

Lembrade que hai unha recopilación de todas as actividades no libro dixital.
Libro "Música e poesía: movendo a lingua" (Presentación con deseño responsive) de Eoi Lugo EDLG

xoves, 15 de maio de 2025

Semana das Letras Galegas 2025

Esta semana anunciamos a publicación dos novos podcasts do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua".

Trátase das entrevistas ás poetas cuxos poemas foron musicados ou formaron parte das pílulas curativas.

Preme na imaxe para escoitar as entrevistas!

 
 
 




venres, 9 de maio de 2025

Vídeo do acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

O luns 5 de maio vivimos un serán cheo de emocións no acto de clausura do proxecto de innovación “Música e poesía: movendo a lingua”, unha iniciativa conxunta do CMUS Xoán Montes e a EOI de Lugo, que contou tamén coa colaboración especial do Conservatorio Profesional de Danza.

A palabra poética, a música e a danza uníronse para celebrar a riqueza da nosa lingua e da nosa expresión artística. Estiveron con nós algunhas das poetas cuxos poemas foron musicados ou foron escollidos na nosa Botica da lingua para as pílulas curativas. Foron Marica Campo, Nieves Neira, Lucía Novas e Eva Teixeiro as que estiveron fisicamente, pero Pilar Pallarés estivo presente no seu emotivo poema que axudou a que non esqueceramos o sufrimento das xentes de Palestina. Grazas a todas!

E, por suposto, grazas ao público, polo apoio cálido e receptivo.



Oxalá que a música, a danza e a poesía —recitada tamén noutras linguas— sigan sendo pontes que nos acheguen, cada vez máis, á nosa lingua e á súa beleza viva. 

Aquí tedes o vídeo do acto de clausura:

martes, 22 de abril de 2025

Acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"


 O día 5 de maio ás 19.00 h terá lugar o acto de clausura do proxecto de innovación en dinamización da lingua do CMUS e a EOI de Lugo "Música e poesía: movendo a lingua" no auditorio Fuxan os Ventos.

Alí poderemos ver algúns dos traballos que se fixeron ao longo deste curso sobre música, poesía e tamén danza.

Animádevos as asistir!

sábado, 29 de marzo de 2025

Concurso "Primavera Poética" de ilustración de poemas do Tendal

 


Participación no Ponte nas Ondas

 O día 26 de marzo participamos coa radio escolar da EOI de Lugo no gran evento de radio en directo que organizou Ponte nas Ondas para celebrar o seu 30 aniversario. 

Fixemos unha presentación do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua" da EOI e o CMUS Xoán Montes e levamos un adianto do que se vai poder ver no acto de clausura o 5 de maio ás 19.00 h no mesmo auditorio Fuxan os Ventos. A música e a recitación multilingüe de "Oda á Filloa" de Marica Campo.

Aquí podedes ver o programa (mirade a partir de 3h. e 13'):


Vídeo do acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

O luns 5 de maio vivimos un serán cheo de emocións no acto de clausura do proxecto de innovación “Música e poesía: movendo a lingua” , unha ...