Acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

Amosando publicacións coa etiqueta botica da lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta botica da lingua. Amosar todas as publicacións

venres, 9 de maio de 2025

Vídeo do acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

O luns 5 de maio vivimos un serán cheo de emocións no acto de clausura do proxecto de innovación “Música e poesía: movendo a lingua”, unha iniciativa conxunta do CMUS Xoán Montes e a EOI de Lugo, que contou tamén coa colaboración especial do Conservatorio Profesional de Danza.

A palabra poética, a música e a danza uníronse para celebrar a riqueza da nosa lingua e da nosa expresión artística. Estiveron con nós algunhas das poetas cuxos poemas foron musicados ou foron escollidos na nosa Botica da lingua para as pílulas curativas. Foron Marica Campo, Nieves Neira, Lucía Novas e Eva Teixeiro as que estiveron fisicamente, pero Pilar Pallarés estivo presente no seu emotivo poema que axudou a que non esqueceramos o sufrimento das xentes de Palestina. Grazas a todas!

E, por suposto, grazas ao público, polo apoio cálido e receptivo.



Oxalá que a música, a danza e a poesía —recitada tamén noutras linguas— sigan sendo pontes que nos acheguen, cada vez máis, á nosa lingua e á súa beleza viva. 

Aquí tedes o vídeo do acto de clausura:

xoves, 13 de febreiro de 2025

As Pílulas curativas saen dos nosos centros!

 As Pílulas curativas da nosa Botica da Lingua xa se atopan en varios establecementos de Lugo, Sarria e Vilalba. Xa están a facer efecto na poboación! Que boas son a música e a poesía!

venres, 20 de decembro de 2024

Felicitación de Nadal

 Nestes meses a música e a poesía galegas fluíron entre o CMUS Xoán Montes e a EOI de Lugo. Os dous centros penduramos tendais nos nosos corredores, repartimos postais e mesmo montamos unha botica con pílulas que todo o curan.

Agora descansaremos un par de semanas para voltar o vindeiro ano con novas actividades en que a nosa lingua, a nosa música e a nosa cultura seguirán a ser as protagonistas.
 
Grazas a @carlosnunez_oficial por deixarnos empregar o audio do Vilancico para o Nadal de 1829, panxoliña composta no ano do título polo Mestre Pacheco, mestre de capela da catedral de Mondoñedo.
Bo NaGal!!

 

#PROXECTACMUSEOILUGO 
#edlgcmusxoanmontes 
#eoidelugo
#cmusxoanmonteslugo 
#proxecta 
#edlg
#boticadalingua
#pilulascurativas

Vídeo do acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

O luns 5 de maio vivimos un serán cheo de emocións no acto de clausura do proxecto de innovación “Música e poesía: movendo a lingua” , unha ...