Acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de marzo de 2025

Día de Rosalía - 2025


Este ano o Día de Rosalía foi un exemplo de traballo colaborativo. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CMUS organizou un acto no que participamos os EDLG da EOI e do CDAN e que serviu para xuntar poesía, música e danza. E a todo iso puxémoslle flores e árbores. Repartimos caraveis de cores e marcapáxinas cos poemas de Rosalía que Esther, alumna da EOI, recitou mentres se facían improvisacións de música e danza. Tamén se plantou un castiñeiro no xardín do CMUS. Flores, árbores, lembranza do vínculo entre natureza e literatura tan presente na obra da nosa autora máis universal. 

Velaquí unha mostra do acto:



A publifotos do CMUS tamén circulou polos tres centros e puidemos retratarnos xunto a Rosalía.







xoves, 19 de decembro de 2024

Música e poesía. As pílulas curativas da nosa Botica da Lingua

 Durante o mes de novembro (mes da ciencia en galego) os EDLG do CMUS e da EOI de Lugo estivemos argallando coa musicoterapia e a biblioterapia, e na nosa “Botica da lingua” preparamos unhas pílulas curativas a base de poesía e música. Agora xa temos pílulas para o repouso, para ter un día feliz, para sacudir a tristura, para quentar o corazón e para cando se sinta a lingua atrofiada.

Esta semana distribuiremos pílulas no CMUS e na EOI. Desexamos que os efectos do tratamento sexan os desexados. Contádenos nos comentarios!


As pílulas tamén chegaron á sección de Sarria da EOI


E o alumnado xa ten a súa pílula. 


xoves, 21 de novembro de 2024

O TENDAL DA POESÍA

 A primeira actividade no proxecto (Proxecta+) "Música e poesía: Movendo a lingua" entre a EOI e o Conservatorio de Música Xoán Montes trátase de escoller uns poemas galegos que logo serán musicados polo alumnado e profesorado do CMUS.

Para iso o equipo de EDLG seleccionou uns poemas que logo foron expostos nun tendal e fíxose unha votación por parte de alumnado, profesorado e persoal do centro.



A votación fíxose en modalidade presencial e na aula virtual de EDLG e anunciouse nas redes sociais.


E a empresa de Chantada Daveiga enviounos Galletas Marineras coas que agasallamos a algúns participantes.


Agora o tendal está no CMUS:

 

Aquí podes ver un resumo da actividade ata o de agora:



Vídeo do acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

O luns 5 de maio vivimos un serán cheo de emocións no acto de clausura do proxecto de innovación “Música e poesía: movendo a lingua” , unha ...