Acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

Amosando publicacións coa etiqueta tendal da poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tendal da poesía. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de maio de 2025

Concurso "Primavera poética" da EOI e o CMUS

 Vista a enorme calidade das ilustracións dos poemas no concurso “Primavera poética” convocado polos EDLG do CMUS e a EOI de Lugo no marco do proxecto “Música e Poesía: movendo a lingua”, resolvemos agasallar a dúas das persoas participantes en cadansúa categoría. Os traballos serán expostos nos nosos centros en breve.

Parabéns!



xoves, 15 de maio de 2025

Semana das Letras Galegas 2025

Esta semana anunciamos a publicación dos novos podcasts do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua".

Trátase das entrevistas ás poetas cuxos poemas foron musicados ou formaron parte das pílulas curativas.

Preme na imaxe para escoitar as entrevistas!

 
 
 




xoves, 13 de febreiro de 2025

O EDLG en InnovArt25

 O 6 de febreiro estivemos representando aos EDLG da EOI e do CMUS no InnovArt25 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

 Compartimos algunhas das nosas actividades co público asistente, maioriotariamente escolares de educación primaria e secundaria, mais tamén amosaron interés persoal médico do CHUS e docentes doutros centros: O noso Tendal da Poesía, as nosas Pílulas curativas e a fantástica actuación conxunta do Conservatorio de Danza, o Conservatorio de Música e a EOI de Lugo.


xoves, 21 de novembro de 2024

O TENDAL DA POESÍA

 A primeira actividade no proxecto (Proxecta+) "Música e poesía: Movendo a lingua" entre a EOI e o Conservatorio de Música Xoán Montes trátase de escoller uns poemas galegos que logo serán musicados polo alumnado e profesorado do CMUS.

Para iso o equipo de EDLG seleccionou uns poemas que logo foron expostos nun tendal e fíxose unha votación por parte de alumnado, profesorado e persoal do centro.



A votación fíxose en modalidade presencial e na aula virtual de EDLG e anunciouse nas redes sociais.


E a empresa de Chantada Daveiga enviounos Galletas Marineras coas que agasallamos a algúns participantes.


Agora o tendal está no CMUS:

 

Aquí podes ver un resumo da actividade ata o de agora:



Vídeo do acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

O luns 5 de maio vivimos un serán cheo de emocións no acto de clausura do proxecto de innovación “Música e poesía: movendo a lingua” , unha ...