Iniciamos unha serie de podcasts na Radio Rochoteca, a radio da EOI de Lugo.
Aquí podedes escoitar cousiñas sobre o noso proxecto "Música e poesía: movendo a lingua":
Se queredes podedes escoitar a entrevista feita polas alumnas do EDLG, Laura, Nuria e Sabela, ao profesorado que musicou tres dos poemas do tendal, Borja, Henar e Moisés na Radio Rochoteca, a radio da EOI de Lugo. Un proceso moi interesante!! Lembrade que poderedes disfrutar da música e a poesía do proxecto dos EDLG do CMUS e a EOI o día 5 de maio ás 19.00 h no Auditorio Fuxan os Ventos.