Vista a enorme
calidade das ilustracións dos poemas no concurso “Primavera poética” convocado
polos EDLG do CMUS e a EOI de Lugo no marco do proxecto “Música e Poesía:
movendo a lingua”, resolvemos agasallar a dúas das persoas participantes en
cadansúa categoría. Os traballos serán expostos nos nosos centros en breve.
Con motivo da celebración do vindeiro Día das Letras Galegas, esta semana faremos diversas publicacións dos traballos do Equipo de dinamización da lingua galega na EOI de Lugo.
Comezamos anunciando a exposición dos cartaces que nos envía como cada ano a Secretaría Xeral da Lingua e que se pode ver no primeiro andar da EOI.
Tamén retomamos os traballos sobre similares tradicións que as nosas auxiliares de conversa procuraron na súa lingua materna. Podedes acceder a elas dende as ligazóns deste cartaz:
Victoria Bresca, a auxiliar de conversa de francés este curso, procurou información sobre a algunha tradición similar á das cantareiras en francés. Para iso falou con Brigitte Arnaudiés, unha "conteuse" que se achegou á nosa EOI. Aquí tedes a entrevista que lle fixo Vitoria:
O luns 5 de maio vivimos un
serán cheo de emocións no acto de clausura do proxecto de innovación “Música
e poesía: movendo a lingua”, unha iniciativa conxunta do CMUS Xoán
Montes e a EOI de Lugo, que contou tamén coa colaboración especial do Conservatorio
Profesional de Danza.
A palabra poética,
a música e a danza uníronse para celebrar a riqueza da nosa lingua e da nosa
expresión artística. Estiveron con nós algunhas das poetas cuxos poemas foron musicados ou foron escollidos na nosa Botica da lingua para as pílulas curativas. Foron Marica Campo, Nieves Neira, Lucía Novas e Eva
Teixeiro as que estiveron fisicamente, pero Pilar Pallarés estivo presente no seu emotivo poema que axudou a que non esqueceramos o sufrimento das xentes de Palestina. Grazas a todas!
E, por suposto,
grazas ao público, polo apoio cálido e receptivo.
Oxalá que a
música, a danza e a poesía —recitada tamén noutras linguas— sigan sendo pontes
que nos acheguen, cada vez máis, á nosa lingua e á súa beleza viva.
O día 5 de maio ás 19.00 h terá lugar o acto de clausura do proxecto de innovación en dinamización da lingua do CMUS e a EOI de Lugo "Música e poesía: movendo a lingua" no auditorio Fuxan os Ventos.
Alí poderemos ver algúns dos traballos que se fixeron ao longo deste curso sobre música, poesía e tamén danza.
Se queredes podedes escoitar a entrevista feita polas alumnas do
EDLG, Laura, Nuria e Sabela, ao profesorado que musicou tres dos poemas do
tendal, Borja, Henar e Moisés na Radio Rochoteca, a radio da EOI de Lugo. Un
proceso moi interesante!! Lembrade que poderedes disfrutar da música e a poesía
do proxecto dos EDLG do CMUS e a EOI o día 5 de maio ás 19.00 h no Auditorio
Fuxan os Ventos.