Celebramos o Día de Lorca en Galicia coa gravación dun podcast na radio da EOI do que se encargou Miguel, un alumno de galego que foi coordinado pola súa profesora Noemí. Nel falou da pegada de Galicia no escritor e do caso dos seus Seis poemas galegos, en concreto da "Cantiga do neno na tenda".
Podedes escoitar este interesatísimo podcast aquí: A poesía galega de Lorca
Ningún comentario:
Publicar un comentario