Acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

venres, 21 de febreiro de 2025

21 de febreiro. Día da Lingua Materna

Co gallo do Día da Lingua Materna, as auxiliares de conversa da EOI de Lugo procuraron tradicións nos seus países que tiveran algunha conexión coas CANTAREIRAS por transmisión oral, tradicións femininas e loita polos dereitos das persoas. 

Escaneade o QR o pinchade na ligazón para coñecer aspectos das linguas maternas doutros países. AQUÍ podedes ver mellor a imaxe.



xoves, 13 de febreiro de 2025

As Pílulas curativas saen dos nosos centros!

 As Pílulas curativas da nosa Botica da Lingua xa se atopan en varios establecementos de Lugo, Sarria e Vilalba. Xa están a facer efecto na poboación! Que boas son a música e a poesía!

O EDLG en InnovArt25

 O 6 de febreiro estivemos representando aos EDLG da EOI e do CMUS no InnovArt25 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

 Compartimos algunhas das nosas actividades co público asistente, maioriotariamente escolares de educación primaria e secundaria, mais tamén amosaron interés persoal médico do CHUS e docentes doutros centros: O noso Tendal da Poesía, as nosas Pílulas curativas e a fantástica actuación conxunta do Conservatorio de Danza, o Conservatorio de Música e a EOI de Lugo.


2025 Ano Castelao

Neste mes de xaneiro lembramos que este ano 2025 foi declarado Ano Castelao, ao cumprirse 75 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Logo, o 30 de xaneiro, Día de Castelao celebramos a súa figura cunha exposición de libros na biblioteca da EOI e con exposicións simultáneas na EOI e no CMUS.
Na EOI acollemos a exposición "De 'Sempre en Galiza' ao Consello de Galiza (1934-1944)" compartida con nós pola Cátedra Castelao da Universidade de Santiago de Compostela e no CMUS fixeron unha exposición sobre Castelao e a súa relación coa música. Aínda podedes visitalas!
 
Exposición De 'Sempre en Galiza' ao Consello de Galiza (1934-1944) na EOI de Lugo
Exposición sobre Castelao e a súa relación coa música no CMUS Xoán Montes


Vídeo do acto de clausura do proxecto "Música e poesía: movendo a lingua"

O luns 5 de maio vivimos un serán cheo de emocións no acto de clausura do proxecto de innovación “Música e poesía: movendo a lingua” , unha ...