Neste mes de xaneiro lembramos que este ano 2025 foi declarado Ano Castelao, ao cumprirse 75 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Logo, o 30 de xaneiro, Día de Castelao celebramos a súa figura cunha exposición de libros na biblioteca da EOI e con exposicións simultáneas na EOI e no CMUS.Na EOI acollemos a exposición "De 'Sempre en Galiza' ao Consello de Galiza (1934-1944)" compartida con nós pola Cátedra Castelao da Universidade de Santiago de Compostela e no CMUS fixeron unha exposición sobre Castelao e a súa relación coa música. Aínda podedes visitalas!
Exposición De 'Sempre en Galiza' ao Consello de Galiza (1934-1944) na EOI de Lugo
Exposición sobre Castelao e a súa relación coa música no CMUS Xoán Montes
Ningún comentario:
Publicar un comentario