Nestes meses a música e a poesía galegas fluíron entre o CMUS Xoán Montes e a EOI de Lugo. Os dous centros penduramos tendais nos nosos corredores, repartimos postais e mesmo montamos unha botica con pílulas que todo o curan.
Agora descansaremos un par de semanas para voltar o vindeiro ano con novas actividades en que a nosa lingua, a nosa música e a nosa cultura seguirán a ser as protagonistas.
Grazas a @carlosnunez_oficial por deixarnos empregar o audio do Vilancico para o Nadal de 1829, panxoliña composta no ano do título polo Mestre Pacheco, mestre de capela da catedral de Mondoñedo.
Bo NaGal!!
#PROXECTACMUSEOILUGO
#edlgcmusxoanmontes
#eoidelugo
#cmusxoanmonteslugo
#cmusxoanmonteslugo
#proxecta
#edlg
#boticadalingua
#pilulascurativas
Ningún comentario:
Publicar un comentario